CRTVG

Buscar

O Centro Galicia de Bos Aires recupera moitas actividades pola baixada de contaxios

Publicado o 01/11/2020 19:15

Na Arxentina, a baixada na curva de contaxios por coronavirus na capital e a flexibilización da corentena permitiron a volta de moitísimas actividades ao Centro Galicia de Bos Aires durante o mes de outubro.

Baloncesto, patinaxe, adestramentos individuais ou mesmo reunións sociais durante a fin de semana. Estas son algunhas das novas actividades habilitadas polo Centro Galicia de Bos Aires aquí, nas súas instalacións de Olivos, onde os socios xa están a gozar da nova normalidade.

Moitísima alegría e sensación de alivio ao volver á rutina. Son os sentimentos que se respiran estes días no Centro Galicia de Bos Aires, que retomou moitísimas actividades neste último mes.

Aparte de hacer ejercicios es el lugar donde me reencuentro con mis amigas Y también cumple una parte social muy importante este club. Despois de meses valeiras, agora estas instalacións están cheas de vida, especialmente pola presenza dos máis pequenos. La primera vez que se pudieron reencontrar fue una sensación de alegría desbordante.

Y también tuvimos que contener eso un poco porque la idea es mantener en orden todos los protocolos.

Outras actividades, como a patinaxe, ampliaron o número total de alumnos nos últimos días, aínda que os grupos seguen a ser reducidos. Tenemos horarios más cortos, clases más cortas, pero bueno, a no tener nada es un montón y están contentas.

O centro de Olivos tamén abrirá as súas portas para un máximo de 350 persoas nas fins de semana, un xeito máis de acercar a nova normalidade.

Noticias web

01/11/2020