CRTVG

Buscar

O centro de fabricación avanzada Sionlla Biotech permitirá converter Santiago nun centro de innovación en biotecnoloxía

Publicado o 30/06/2020 15:20

Novo paso adiante para o desenvolvemento do polo de Innovación en Biotecnoloxía en Santiago de Compostela.

Na reunión do acordo da Sionlla presentouse o proxecto Sionlla Biotech, un centro de fabricación avanzada de 2.500 metros cadrados que contará con 22 laboratorios modulares e equipamentos de alta tecnoloxía que estarán a disposición das empresas.

O proxecto, impulsado pola asociación de empresarios do Tambre, conta coa colaboración do Concello de Santiago e da Xunta, que achega catro dos cinco millóns de euros que se investirán neste proxecto.

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, destacou que estas infraestruturas permitiranlle ás empresas gañar en competitividade.

Noticias web

30/06/2020