CRTVG

Buscar

O Celta xogará máis partidos na casa que fóra, pero sen público

Publicado o 30/05/2020 20:53

Os celestes acumulaban bos resultados en Balaídos antes do parón pero a ausencia de público cambiao todo

A falta de once xornadas o Celta terá que recibir na casa ao Vilarreal, Alavés, Barcelona, Betis, Atlético de Madrid e Levante...antes do parón levaba seis xornadas sen perder.

"Queriamos seguir coa boa xeira de resultados na casa. Xogar sen público é un problema, pero é o que teño que facer", sinalou o adestrador.

En serbia preséntanse no cécpede no modo tradicional, en alemaña manteñen a distancia de seguridade...mentres en Austria van un pouco máis aló...os que máis botarán de menos ao público han ser os xogadores.

"Xogar con afección para nós é moi importante, temos o caso do ano pasado", explicou Iago Aspas.

Nos últimos seis partidos en Balaídos, catro empates e dúas victorias ante Leganés e Sevilla.

" Temos en Balaídos máis partidos que fóra e iso é un plus para nós", explicou Óscar García.

En 40 días xogaranse 110 partidos, que se verán por televisión ou seguirán desde a bancada afeccionados de cartón pedra...

Noticias web

30/05/2020