CRTVG

Buscar

O Celta visita Butarque coa intención de sumar para afastarse do descenso

Publicado o 07/12/2019 19:33

En Butarque xóganse esta fin de semana tres puntos vitais para poñer distancia co descenso.

"Pídoslles aos xogadores que non miren a clasificación, creo que é demasiado cedo para facer iso. Quero un equipo valente e que xogue cada vez máis como queremos", di o adestrador. 

O técnico esixe concentración ao tempo que as olladas se dirixen ao Mallorca, rival esta noite do Barcelona, e ao Eibar, que recibe a un Xetafe con aspiracións europeas. O Celta necesita encadear vitorias se quere aliviar a presión da parte baixa da táboa.

"Hai xogadores que levan moito tempo aquí e que saben o tempo que hai que non se gañan dous partidos seguidos. Iso ten a súa parte positiva porque é un aspecto que queremos romper. Pero ten un lado negativo porque iso pode afectarlles. Creo que algúns xogadores que acusaron esa presión no partido que xogamos aquí e o que necesitamos e que a saquen de enriba. Porque precisamos que todos estean centrados no que teñen que estar", engade Óscar García. 

Así que o técnico podería introducir cambios no once. Rafinha apunta a titular tras xogar uns minutos ante o Valladolid. Okay pelexa por un posto no centro do campo e Gabriel Fernández sona para acompañar a Iago na dianteira. A outra incógnita está baixo os paus, onde Sergio e Rubén aspiran á titularidade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019