CRTVG

Buscar

O Celta, un dos que máis remata pero o que menos goles marca

Publicado o 24/10/2020 14:44

As veces polo porteiro rival, as veces polo ferro, outras pola falta de acerto cara a portería. Os números din que o Celta é o quinto equipo da liga que máis tira a porta e o que máis remata no balón parado. Os celestes viven obsesionados co gol, pero rematar é o primeiro chanzo.

Levan tres tiros ao poste e entre os que petaron co ferro un que mañá pode ser titular. Confianza na Cerámica ante o cabeiro que so ten os tres puntos que conseguiu en Pamplona na terceira xornada.

Noticias web

24/10/2020