CRTVG

Buscar

O Celta toma aire despois de derrotar o Sevilla

Publicado o 04/02/2019 23:03

Imos co Celta. A vitoria deste sábado en Balaídos dálles algo de tranquilidade aos de Cardoso. Suman tres puntos despois de cinco derrotas consecutivas e, o máis importante, saen dos postos de descenso. Veremos se este é o inicio da remonta en Vigo. 

Un equipo unido e feliz logo de padecer durante 5 semanas a dor da derrota continua. Un conxunto que se afasta do descenso. Un adestrador que se libera deste xeito de toda a presión do ultimato que afrontaba ante o Sevilla. Preséntase moi distinta esta semana logo do gol de Yokuslu que alimenta certo optimismo perdido en Balaídos. Ese 1-0 na xornada 22 lembra o acontecido hai 4 anos. Era outro Celta en crise, era a semana 21 de competición. Era outro rival andaluz, daquela o Córdoba, era un 1-0 en Balaídos e era outro técnio en apuros, entón Berizzo, que saltou ao campo defender o seu posto de traballo, ameazado por un penalti que finalmente non se asubiou. Aquelas protestas valéronlle a expulsión, pero aquel partido marcou un antes e un despois na traxectoria do seu equipo. Cardoso non é Berizzo nin este Celta é aquel pero o portugués ten un reforzo de luxo, Aspas afronta a recta final da súa recuperación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/02/2019