CRTVG

Buscar

O Celta só gañou dous dos trece últimos encontros

Publicado o 08/01/2019 20:27

O Celta volveu hoxe ao traballo na Madroa. Os xogadores, entre eles o cuestionado Pione Sisto, póñense mans á obra cos vistas á próxima cita da liga: visitan Vallecas este venres. Todas as sesións da semana serán a porta pechada. Dos 13 últimos encontros disputados contra o Raio na Primeira, os celestes só se impuxeron en dous. Malas estatísticas para os de Cardoso agora que o descenso está a  só catro puntos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019