CRTVG

Buscar

O Celta reduce o prezo das entradas para encher Balaídos

Publicado o 02/04/2019 18:26

Algún afeccionado do Celta estará pensando: que mágoa que estas iniciativas non se levasen a cabo no mes de xullo. Porque o Celta premia os seus afeccionados outra vez. Fíxense que aspecto tiñan esta mañá os despachos de billetes de Balaídos. Pensando na Real Sociedade redúcense os prezos das localidades. Cada socio recibe unha de regalo. E pódese ver o partido por dez euros. Todo por encher Balaídos. Todo por superar os vinte e dous mil espectadores que acudiron ao estadio no partido co Vilarreal. Haberá ambiente. En xogo está a salvación do Celta.

Noticias web

02/04/2019