CRTVG

Buscar

O Celta recúa: perde co pechacancelas e volve dar malas sensacións

Publicado o 09/12/2019 21:13

Volveron as malas sensacións. No cuarto partido de Óscar García e coa oportunidade de saír do descenso, o Celta deulle vida a un rival directo. E volveu presentarse cunha marcha menos có rival. Igual que contra o Valladolid.

Óscar García: "Xa sabía cando cheguei que tería moito traballo, por iso estou aquí".

Decidiu sacrificar a Pione Sisto e recuperar a outros xogadores. Se cadra, Okay volve implicarse. "Únese á causa".

A causa é a permanencia porque os resultados son teimudos, aínda que o presidente era optimista hai unha semana: "Non descartamos ningún obxectivo", dixo Carlos Mouriño. E Óscar García manifestou onte: "Queda moita liga e estou convencido de que coa axuda de todos faremos unha boa temporada".

E mentres, Iago Aspas segue tirando do carro: "Onte no segundo tempo estivo máis liberado. Hai que axudalo para que estea ben e os demais xogadores o sigan".

A permanencia pode estar cara este ano, tamén para un equipo con talento. Por aí tiraba Javier Aguirre, o adestrador do Leganés: "A Liga está tan igualada que o Celta está aí, o Español tamén e está invicto en Europa".

Volveron tocados de Butarque Denis Suárez e Pape Cheikh. O de Salceda cunha escordadura no nocello.

Noticias web

09/12/2019