CRTVG

Buscar

O Celta quere saír dos postos de descenso en Butarque

Publicado o 08/12/2019 11:57

Logo dunha victoia e un empate, a primeira oportunidade para saír dos postos de descenso pasa por Leganés, pero aínda é cedo para mirar a clasificación.

Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "Xa miraremos a clasificación nas dez últimas xornadas...agora hai que quitarlles presión aos futbolistas".

Xa que logo o Celta sairá esta tarde en Butarque cun once ben diferente ao da pasada semana...

Óscar García, adestrador do R.C. Celta: "Temos que xogar con personaliodade, intenso sen balón".

No Lega, xogadores mancados como Siovas ou Rosales, pero Aguirre non quere escusas.

Javier Aguirre, adestrador do Leganés: "Non temos conseguido puntos, esa é a realidade".

Esta tarde o Celta pode conseguir o segundo triunfo consecutivo a domicilio do último ano.

Noticias web

08/12/2019