CRTVG

Buscar

O Celta quere incorporar a Durmisi e Riedewald

Publicado o 15/01/2019 18:54

O club mobilízase para reforzar a zaga. A chegada de Riza Durmisi a Balaídos podería ser inminente. O Celta e o Lazio italiano ultiman a cesión do lateral esquerdo, de 25 anos. Durmisi regresa á liga, onde militou no Betis ata a temporada pasada. O Celta tamén negocia para a incorporación do central holandés Jairo Riedewald. Ten 22 anos, formouse na canteira do Ajax e xoga na Premier League no Crystal Palace.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019