CRTVG

Buscar

O Celta quéixase da non intervención do VAR ante o Mallorca

Publicado o 16/12/2019 16:03

As queixas pola aplicación do VAR marcaron a xornada. O Celta enviou unha protesta á Federación Española e os responsables arbitrais. Quéixase de varias accións no partido co Mallorca.

Unha patada a Brais Méndez ao comezo do partido. Penalti que non se asubía. Unha entrada de Raillo, que sería expulsado despois e tiña que ser expulsado cando faltaban vinte minutos. Entrada terrorífica que se aprecia na perna de Brais Méndez. Raillo deixoulle a impronta da súa violencia.

E posible que haxa penalti de Reina a Lobotka. Reina leva por diante a Lobotka noutra acción en que o Celta tivo unha ocasión para marcar.

E por último, Cuchu Hernández tiña un carton amarelo, pero non se foi aos vestiarios malia a entrada que lle fai a Rafinha. Queixas do Celta. Seguramente non valen para nada.

O elevado custo de non pechar os partidos

Non pechar os partidos estase convertendo nun desafortunado costume para o Celta. E o custo é moi alto. Significa seguir en descenso unha xornada máis. E xa van sete.

Unha mágoa porque ante o Mallorca o Celta sí ofreceu argumentos para levarse os tres puntos. A diferenza doutros encontros, comezou con intensidade, mellorou o xogo, adiantouse no marcador dúas veces, pero faltoulle concentración ou fortaleza mental no último treito. E pagouno moi caro. Co 2-1 non aproveitou as ocasións que tivo para pechar o partido, perdoou, e nun erro defensivo en cadea permitiu que o Mallorca, malia estar en inferioridade, levara de Balaídos o seu primeiro punto a domicilio.

Co 2-2 e sete minutos por diante o Celta seguíu buscando a vitoria. Sen acerto nin fortuna, todo quedou noutra ocasión perdida para saír do descenso.

Noticias web

16/12/2019