O Celta prepara o partido do Granada coas incorporacións ao grupo de Aspas e Solari
Publicado o 26/01/2021 13:30
Iago Aspas volveu sorrir e adestrar con normalidade co Celta. Todo apunta a que o moañés xogará o próximo domingo ante o Granada. Nos catro partidos sen Aspas, o Celta só sumou un punto e quedou eliminado da Copa.
Na sesión tamén participou a última incorporación, Augusto Solari, que igual podería estrearse como celeste o domingo. Mentres, o club segue negociando a saída de xogadores para poder incorporar algúnha fichaxe.