O Celta podería pechar esta semana a chegada de Mina e Nolito
Publicado o 01/07/2019 19:42
Unha vez pechada a aterraxe de Denis Suárez en Balaídos, o Celta ultima o regreso de Santi Mina e de Nolito, segundo a dirección deportiva do club. De feito, as negociacións en ambas as dúas frontes estarían moi avanzadas. Felipe Miñambre busca agora saída para Emre Mor, cunha das fichas máis elevadas do cadro de xogadores e con contrato ata 2022, e tamén para Pione Sisto. A intención do Celta é pechar estas operacións antes do comezo da pretemporada, a próxima semana, aínda que recoñece que non será doado.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:01