CRTVG

Buscar

O Celta non ten gol, só leva 17

Publicado o 29/01/2020 11:12

• Desde a temporada 1993-94 non tiña unha seca semellante

Gabriel o touro Fernández. Só marcou un gol esta temporada e foi ante o Valencia. O Celta busca con urxencia un dianteiro no mercado. E ver ese tanto do Touro lembra outro uruguaio que xa non está por Vigo: Maxi Gómez.

Marcou xa co Valencia 9 goles na liga. A estas alturas tamén levaba 9 co Celta a temporada pasada, e 11 hai dúas campañas.

Eses números son os que lle faltan a este Celta esfameado na súa capacidade goleadora. 17 tantos en 21 xornadas. A diferenza é enorme coas últimas temporadas. 33, 38, 32, 32. Hai cinco ligas foron 23 .

Habería que ir varias décadas cara atrás para atopar unha seca semellante á actual. Temporada 1993-94. 16 goles en 21 xornadas.

Hai semanas que Óscar García está pedindo un dianteiro con pegada, alguén que complemente a Aspas. E é que Santi Mina e Rafinha son con unicamente 2 goles, os segundos máximos goleadores do equipo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2020