CRTVG

Buscar

Aspas viaxa a Barcelona e Madrid para empezar un tratamento experimental

Publicado o 20/02/2019 15:20

O dianteiro viaxou onte a Barcelona para pasar consulta cun médico. Agora está en Madrid, onde iniciará o tratamento para recuperarse da rotura fibrilar da que recaeu ante o Levante. Aplicaranlle unha solución experimental. Se non cambia nada, o de Moaña podería perder as próximas catro citas dos celestes.

Iago Aspas e o Celta tratan de acelerar a recuperación do xogador de Moaña. Este martes viaxou a Barcelona acompañado polo doutor Cota. Hoxe está en Madrid. O tratamento co que van intentar que regrese antes aos campos consiste en utilizar plasma enriquecido en plaquetas, unha solución practicamente experimental.

 Luisa Ibañez, traumatóloga: "Eles o que tratan co plasma é rexenerar fibras musculares para acelerar un pouco os tempos polas datas". "Se o fan é porque xa o intentaron todo".

As previsións máis pesimistas falan de que Aspas perdería os próximos catro partidos, ante Alavés, Eibar, Betis e Real Madrid, e que sería tras o regreso da competición tras os dous encontros que disputará a selección española, a finais de marzo, cando definitivamente volvería xogar. Demasiado tempo para un Celta que non pode esperar e que por iso intenta apurar a volta da súa estrela, confiando en que este tratamento surta efecto e non haxa que agardar tanto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019