CRTVG

Buscar

O Celta non encaixa goles 404 días despois

Publicado o 25/02/2019 19:31

Cardoso non sorprendeu a ninguén en Vitoria e dispuxo unha defensa de 5 que cumpriu co seu obxectivo. Por primeira vez en 20 partidos lonxe de Balaídos, o Celta foi quen de manter a súa portería a 0. Ben é certo que Rubén Blanco volveu ser o mellor dos celestes. Pero o equipo pareceu atopar unha solidez sobre a que construír a permanencia. O punto dáse por bo porque a xornada conspirou a prol dos intereses vigueses coa derrota do Valladolid ante o Betis, do Raio en Xetafe e do Vilarreal na súa visita ao Metropolitano.

O descenso está un pouco máis lonxe. Todo apunta a que o técnico portugués repetirá a aposta polos tres centrais na vindeira xornada, outra vez en terras vascas, desta volta contra o Éibar. En Ipurúa, ademais de defender, o equipo debería dar un paso adiante en ataque e pisar con máis decisión o campo contrario, algo que escaseou en Mendizorroza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019