CRTVG

Buscar

O Celta non é capaz de asegurar a permanencia diante do Betis (1-1)

Publicado o 04/07/2020 19:30

O Celta cedeu un empate en Balaídos diante do Betis (1-1) nun partido no que os celestes foron de máis a menos.

Nolito adiantou aos de Óscar García na primeira parte cun intelixente lanzamento de falta.

O Betis igualou na segunda metade cun tanto de Feddal.

Con este empate, o Celta ten seis puntos de vantaxe con respecto ao descenso.