CRTVG

Buscar

Este sábado chega a Vigo o arxentino Augusto Solari

Publicado o 21/01/2021 21:36

• É unha petición do técnico Eduardo Coudet, que o coñece da súa etapa á fronte de Racing

Este sábado chega a Vigo o arxentino Augusto Solari

 Augusto Solari chega mañá a Vigo. O arxentino converterase na segunda fichaxe do mercado invernal. Foi petición especial de Coudet, que xa o tivo ás súas ordes. Houbo acordo co Racing de Avellaneda e Augusto Solari adiantou a súa chegada a Vigo para reforzar a banda dereita do Celta a partir de mañá

Solari, sobriño do exfutbolista do Real Madrid e do Atlético Santiago Solari, é unha petición do técnico Eduardo Coudet, que o coñece da súa etapa á fronte de Racing. Aos seus 29 anos, o interior arxentino acumula unha longa experiencia na Superliga do seu país, onde defendeu as camisetas de River Plate, Estudiantes e Racing Club.

Sería o segundo reforzo invernal do conxunto celeste tras o lateral esquerdo Aarón Martín, que recalou en Balaídos cedido polo Mainz 05 alemán. 

Noticias web

21/01/2021