CRTVG

Buscar

O Celta ficha o canteirán do Real Madrid Miguel Baeza

Publicado o 14/08/2020 22:15

O club celeste pagaría 3 millóns de euros polo 50% dos seus dereitos A pasada campaña anotou 9 goles co Castela

Terceira fichaxe do Celta para a vindeira temporada. Trátase do centrocampista do Real Madrid Castela Miguel Baeza. O club celeste pagaría arredor de 3 millóns de euros para facerse co 50% dos seus dereitos. O centrocampista cordobés de 20 anos chegou á canteira do Real Madrid con 12 anos. A pasada campaña xogou 26 partidos no Castela de Segunda B que dirixe Raúl e anotou 9 goles, entre eles este que lle marcou ao Pontevedra en Valdebebas. É zurdo, con chegada e bo golpeo. O Celta aposta polos xogadores novos.

Noticias web

14/08/2020