CRTVG

Buscar

O Celta é o peor equipo da Primeira do 2019

Publicado o 23/12/2019 16:31

Coa derrota onte en Valencia, o Celta pecha un 2019 para esquecer. De feito, é o peor equipo de Primeira neste ano natural que agora remata. 34 puntos en 39 partidos, con 8 vitorias, 10 empates e 21 derrotas.

Onte o Celta adiantouse no marcador pero o castelo de naipes esborrallou nun segundo tempo para esquecer. O segundo gol do Levante fala ben ás claras dos problemas de desconexión que ten o Celta. Antepoñendo a protesta ao colexiado antes que facer o balance defensivo. O Celta remata a primeira volta en postos de descenso.

Ocasións ten este Celta pero non só é cuestión de pegada. Ollo á sangría. Contra os sete últimos clasificados, rivais directos na permanencia, o equipo celeste só sumou 3 puntos de 21 posibles. E dende a chegada dos irmáns García o Celta só logrou 5 puntos de 18. Poucos puntos e pouca autocítica.

Dano nun encontro onde hai cambio de sistema con tres centrais. Onde volve quedar demostrada a importancia de Iago Aspas neste equipo. E onde, logo dunha boa primeira metade, o Celta desaparece no segundo tempo. E aí xurden os males de case sempre: erros na defensa, máis intensidade do rival, escaso perigo no ataque.

Última media hora. Dous goles de Roger Martí e un de Mayoral. Críticas ao arbitro de fondo. O Celta despide o 2019 como un equipo de cristal moi fráxil que segue sen saír da zona de descenso.

Noticias web

23/12/2019