CRTVG

Buscar

O Celta de Óscar García ofreceu unha imaxe máis atrevida no Camp Nou

Publicado o 11/11/2019 20:37

A derrota no Camp Nou entraba nos cálculos, aínda así, o Celta deuse outro aire. A man de Óscar García xa se notou. Un equipo máis atrevido pero non o suficiente.

"Con balón temos que ser máis valentes. Pero os xogadores fixeron case todo o que lles pedimos", explicou o adestrador.

Segundo Pape Cheikh: "Vin un equipo novo, máis agresivo. Estamos encantados".

Pape, Juncá e Sisto foron titulares contra o Barcelona. A pesar do erro de sempre o partido estaba controlado ata que o rompeu Messi arredor do descanso, como o visualizara Óscar García o día antes. 

"Podes xogar un bo partido que Messi che clava unha falta pola escuadra e xa está".

O plan de xogo vai en función do rival, as baixas e as carencias. Non é a primeira vez que sinala a falta de estremos.

"Non temos demasiados extremos"

Dispón de dúas semanas antes do partido de Vilarreal, ao que chegarán Rafinha e Santi Mina para buscar a súa oportunidade. Igual que Denís Suárez, case inédito no Camp Nou.

Noticias web

11/11/2019