CRTVG

Buscar

O Celta B sae dos postos de descenso tras derrotar na casa o Oviedo B

Publicado o 08/12/2019 14:21

O Celta B abandona os postos de descenso logo de derrotar na casa o Oviedo B. Os asturianos quedaron con dez moi cedo, no minuto 7 Josín Martínez vía o vermello directo por esta falta sobre Manolito Apeh. No 18, Sergio Bermejo acadou o 1-0 ao rematar o centro de Jacobo. Malia estaren cun home máis, os de Jacobo Montes tiveron moitos problemas para superar a defensa ovetense. E nunha xogada a balón parado ao pouco de comezar o segundo tempo, o Oviedo B acadou o empate, marcou Tarsi. Pierre sacou a falta, disparou Riki dende a frontal e por aí apareceu a testa de Tarsi para superar a Vieites.

Custoulle moito atopar ocos ao Celta B, atopounos cando o partido morría. Manolito Apeh puxo o 2-1 no 75, aproveitou o esvarón de Ugarte. E repetiu no 79 ao rematar o centro de Yeboah. Así acabou o partido, co terceiro triunfo do Celta B en Barreiro.

Noticias web

08/12/2019