CRTVG

Buscar

Sporting Xixón "B" 1 - 1 R. C. Celta "B"

Publicado o 16/11/2019 20:50

Ao pouco de principiar o partido o Celta B xa gañaba co gol de Sergio Bermejo. Diante do Sporting B o filial celeste foi moi superior pero acabou pagando esta acción na que o colexiado asubiou penalti de Moha. Bertín non fallou e con media hora de partido o resultado volvía a ser de empate. O que aconteceu a partir dese intre foi un dominio absoluto do conxunto vigués, mellor xogo que non se traduciu en goles. Como exemplo a derradeira oportunidade na que Lauti e Iker Losada rozaron o gol. As sensacións do Celta B foron moi boas pero o resultado non tanto.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019