CRTVG

Buscar

O Celta B e o Pontevedra serán protagonistas o domingo na G2

Publicado o 21/11/2020 14:21

A xornada dominical da segunda B comezará as doce do mediodía. Veremos na G dúas o partido entre o Celta B e o Zamora. Chega a Barreiro unha das revelacións da temporada e o filial celeste, que suma só dous puntos, precisa un triunfo canto antes



Pola tarde, as cinco, ofrceremos o encontro de Pasarón entre o Pontevedra e o Salamanca. Os granates, segundos con oito puntos, teñen claro que o camiño do éxito pasa por non ceder puntos na casa.



Por díante do Pontevedra na táboa só está o Deportivo. O líder da categoría, con dez puntos, visita ao Guijuelo, nun deses partidos marcados polas características do campo do rival, de céspede artificial.




Tamén vaise atopar co céspede artificial o Coruxo, que visita ao Unionistas. Os de Míchel Alonso contan cun só punto, pechan a clasificación e aínda non marcaron ningún gol.



Distintos obxectivos, pero a mesma necesidade de sumar nesta xornada para os equipos galegos nesta atípica temporada na segunda B.

Noticias web

21/11/2020