CRTVG

Buscar

O Celta B afronta a temporada con moitos cambios e intentando seguir formando xogadores

Publicado o 23/08/2019 14:20

Nova etapa nun Celta B con protagonismo do xuvenil da Copa de Campións, ser perder de vista o susto do play out do ano pasado.

Jacobo Montes, adestrador do R. C. Celta B, cre que "había que aproveitar esa camada do xuvenil. Esperemos acoplar todo. O obxectivo dun filial ten que ser que a final de temporada haxa o maior número de xogadores listos para dar o salto ao primeiro equipo. Sempre e cando non se poña en risco a categoría."

Esa prudencia choca coa fame do vestiario, que quere mirarse no espello das anteriores temporadas. "O Celta hai tres anos pelexou por ascender, o primeiro ano de Rubén Albés tamén. É moi difícil manterse nesa liña, pero se queremos estar no primeiro equipo non podemos conformarnos coa permanencia", di Pampín.

Para intentar cumprir estes obxectivos chegan os irmáns Montes, que apertan gustosos a filosofía do club.

"Esperemos ver un Celta B competitivo na xornada 1, e co paso das xornadas esperemos ver a evolución cara a onde queremos como equipo dominador, que quere xogar en campo contrario, sempre que os rivais o permitan", conclúe o adestrador.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019