CRTVG

Buscar

O Celta anuncia a fichaxe de Ryad Boudebouz

Publicado o 31/01/2019 21:53

O Celta confirmou esta tarde a fichaxe de Ryad Boudebouz. O mediapunta chega en calidade de cedido ata finais de temporada o club reserva unha opción de compra para ese momento. Procede do Betis, onde apenas dispoñía de minutos con Quique Setién. O xogador franco-alxerino, que non é un goleador nato, podería debutar xa esta fin de semana ante o Sevilla.

Olaza

Quen xa asinou o seu contrato é Lucas Olaza. O uruguaio refrozará o lateral esquerdo. Lucas Olaza asina o seu contrato co Celta.

Lucas Olaza regresa a Vigo cedido cunha opción de compra dende o Boca Juniors. Olaza é o escollido para reforzar o lateral esquerdo. O Celta destaca a condición física do xogador e a súa evolución nas últimas temporadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2019