CRTVG

Buscar

O Celta afronta o partido co Mallorca como se dunha final se tratase

Publicado o 11/12/2019 16:13

Mallorca, Levante e Osasuna. Así é o final da primeira volta para o Celta. E Olaza aínda pensa noutros obxectivos diferentes á permanencia.

Esta mañá vimos a Pape no adestramento. Recuperado do golpe que sufriu en Butarque nun nocello. Nocello que ten danado Denis Suárez con escordadura que o aparta do duelo co Mallorca. Dificilmente vai estar a disposición de Óscar García.

O Celta afronta o duelo co Mallorca como se dunha final se tratase.

Non gusta verse en descenso. A situación preocupa. Pero á vez o vestiario amósase optimista. É cedo para desbotar obxectivos máis alá da permanencia.

Urxe unha reacción. E os seareiros sairán novamente ao rescate. Este domingo comeza unha nova reconquista.

Noticias web

11/12/2019