CRTVG

Buscar

Accidente mortal da AP-9: o fiscal pide 18 meses sen carné e unha multa

Publicado o 24/09/2020 17:41
Accidente mortal da AP-9: o fiscal pide 18 meses sen carné e unha multa

O xuízo polo accidente da AP-9 en Vigo, en que faleceran tres mozos en maio do ano pasado, pode acabar só cunha multa e a retirada do carné de conducir para o acusado.
Na vista celebrada na Audiencia Provincial non estivo o procesado, un condutor de 18 anos que non estaba obrigado a acudir. Pediulles perdón ás vítimas por escrito e alegou que a barreira de seguridade era máis feble do recomendado para este treito da AP-9. Pola súa banda, o fiscal sostén que excedía a velocidade e solicita para el unha condena de 2.700 euros de multa e 18 meses de retirada do carné de conducir, por tres delitos de homicidio por imprudencia menos grave.

 

Noticias web

24/09/2020