CRTVG

Buscar

O Cartaxena e Rubén Castro rematan co efecto Garitano

Publicado o 27/02/2021 14:20

 F. C. Cartaxena 1 C. D. Leganés 0
C. E. Sabadell 0 Albacete 0

O efecto Garitano acabou en Cartaxena. O Leganés, que acumulaba cinco vitorias consecutivas, caeu derrotado e perdeu unha boa oportunidade de presionar aos seus rivais polo ascenso directo. O efecto que valeu esta vez foi o de Rubén Castro, omnipresente en tódalas accións decisivas do choque. Primeiro, forzando un penalti pouco antes do tempo de lecer. Atento as concesións do rival, estivo moi listo para levar o balón aos once metros. Pero non acertou co lanzamento. Salvávase así momentaneamente un Leganés que non foi o das úlimas xornadas. O gol decisivo chegou no minuto 57. Nesta ocasión Rubén Castro non perdonou. Oportunista como poucos, acudíu presto ao rexeitamento do gardameta visitante para facer o único tanto do partido. Trece goles leva o veterano díanteiro canario, fundamental na pelexa pola permanencia que está a manter un Cartaxena que aguantou ben os últimos intentos do seu rival. Tras este triunfo, os cartaxeneros saen dos postos de descenso. Uns postos nos que van continuar o Sabadell e o Albacete tras o empate a cero de onte na Nova Creu Alta. Un resultado que puído cambiar no último suspiro, cando o colexiado sinalou penalti, vía VAR, por agarrón a Édgar Hernández. O propio Édgar foi o encargado do lanzamento. E o pau longueiro deixou o resultado inicial en definitivo. Grande ocasión perdida para o equipo catalán, que aínda así mantén dous ountos de vantaxe sobre o Albacete.


 

Noticias web

27/02/2021