CRTVG

Buscar

O Carballiño pasa a ter as mesmas restricións que Ourense e Barbadás, agás as de mobilidade

Publicado o 09/10/2020 21:57

A partir das doce desta noite entran en vigor as novas restricións no Carballiño. Un concello que pasa de ter limitacións de nivel 2, a nivel 3. Isto impide que bares e cafeterías poidan servir no interior, só estará permitido consumir na terraza e só poden estar xuntas un máximo de cinco persoas. E estas cinco persoas teñen que vivir baixo o mesmo teito porque aquí xa estaban prohibidas as reunións de non convivintes. O Carballiño pasa así a ter as mesmas limitacións que os concellos de Ourense e Barbadás, agás as restricións na mobilidade que aquí polo momento si está permitido saír do municipio con liberdade.

O aumento continuo de contaxios, que superan xa o centenar, levaron a Sanidade a endurecer as restricións no Carballiño. Suben a nivel tres. Isto prohíbelle aos bares atender dentro, só poderán servir nas terrazas a grupos de 5 persoas máximo. Si se poderá comer ou cear dentro dun restaurante pero como moito cinco por mesa, e en todos os casos teñen que ser convivintes. 

As restricións son semellantes ás que teñen Ourense e Barbadás. "Mentres que en Galicia está disminuíndo a taxa de incidencia acumulada, aquí está aumentando. En base a poder menter todos estes recursos e poder prestar asistencia sen problemas ao resto da poboación fíxose este traladado. Das 200 persoas que se atenderon en urxencias, onte só se traladau unha", di José Antonio Ortigueira, director de Atención Hospitalaria do CHUO.

Os casos activos na provincia de Ourense elévanse a 1.351, xa supoñen máis do 30 por cento de todos os de Galicia.

 

Noticias web

09/10/2020

Máis sobre O Carballiño