CRTVG

Buscar

O Carballiño celebra as xornadas gastronómicas do polbo dun modo diferente

Publicado o 05/08/2020 14:59

Garantir a seguridade é a prioridade no Carballiño, que queda sen festa, pero non sen polbo. Preto de 50 locais de hostalería participan nas xornadas gastronómicas deste produto.

Manolo Dacal, concelleiro de Turismo do Carballiño, cóntanos que para comer o polbo con total seguridade, nos carteis os nomes dos restaurantes aparecen co número de teléfono.

Hostaleiros e veciños celebran a organización destas xornadas. Chaman a acudir á cita porque o polbo do Carballiño, din, paga a pena. Hai calidade e cantidade. Poden degustalo ata o próximo domingo nestas xornadas gastronómicas.

Noticias web

05/08/2020