CRTVG

Buscar

O cangués Rodrigo Corrales conduce a España ás semifinais do Mundial

Publicado o 28/01/2021 11:17

• Pechou o partido cun total de vinte paradas e 44 por cento de acerto

A selección española de balonmán volverá disputar, seis anos despois, as semifinais dun Campionato do Mundo, tras asegurar este mércores a súa presenza na loita polas medallas do Mundial de Exipto ao impoñerse por 31-26 a Noruega nos cuartos de final.

Nas semifinais, o conxunto español, gañador dos dous últimos europeos, medirase o vindeiro venres con Dinamarca, a vixente campioa mundial, que só puido vencer na quenda de penaltis a Exipto nun vibrante encontro.

Encargouse de evitar a emoción no encontro entre españois e noruegueses un sensacional Rodrigo Corrales que pechou o choque cun total de vinte paradas e 44 por cento de acerto.

Noticias web

28/01/2021