CRTVG

Buscar

O candidato de C's á presidencia de Asturias súmase ás dimisións de Roldán e Javier Nart

Publicado o 24/06/2019 18:58
O candidato de C's á presidencia de Asturias súmase ás dimisións de Roldán e Javier Nart

O candidato de Ciudadanos á presidencia do Principado e deputado rexional, Juan Vázquez, renunciou este luns á súa acta como deputado despois de que este mañá participase no pleno de formación da Mesa da Cámara. 

Así o anunciou esta tarde nunha conferencia de prensa que convocou ás 18.00 horas para anunciar a súa renuncia e explicar os seus motivos. Vázquez foi reitor da Universidade de Oviedo e presentouse con Cidadáns aos comicios do 26 de maio como independente.

A súa dimisión súmase á do deputado Toni  Roldan e o europarlamentario Javier Nart.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019