CRTVG

Buscar

O can que buscou a Gabriel e a Blanca Fernández Ochoa rastrexa o desaparecido en Oleiros

Publicado o 10/09/2019 12:33

Continúa a busca de Manuel Blanco Aira, o home de 89 anos desaparecido en Oleiros. Nas últimas horas incorporouse aos traballos de busca Arsa, a cadela que tamén participou nos labores de busca de Blanca Fernández Ochoa e do pequeno Gabriel.

O operativo para dar co paradoiro do desaparecido o pasado 31 de agosto en Perillo realizouse, polo momento sen éxito, por terra, mar e aire.

Noticias web

10/09/2019