CRTVG

Buscar

O Camiño de Santiago, deserto a finais de xuño

Publicado o 26/06/2020 14:40

Insólita é a imaxe das rutas do Camiño de Santiago en absoluta calma a esta altura do ano. Onte mesmo a Oficina do Peregrino non entregou ningunha compostela. Malia que está pechada ata o 1 de xullo, habilitaron un telefono e unha caixa de mensaxes para que os peregrinos deixen as súas credencias e facerlles chegar o certificado de peregrinación, pero a actividade é case nula. A presenza de turistas tamén é escasa, pero o sector confía en ir recuperando pouco a pouco a actividade, xerando confianza entre os visitantes.

Precisamente, a menor incidencia da pandemia na nosa comunidade está a ser un dos motivos polos que algúns visitantes elixen Galicia como destino para as súas vacacións. Santiago conseguira ter un 50 por cento de visitantes internacionais grazas ao Camiño, pero este ano, ante a imposibilidade de alcanzar esa cota, confían en que o turismo de proximidade e familiar axude a salvar a campaña.

Noticias web

26/06/2020