CRTVG

Buscar

O cadáver localizado na ría de Vigo é o do empresario desaparecido en Rande

Publicado o 08/06/2019 10:50

Á espera dos resultados da autopsia, as autoridades xa lle confirmaron á familia que o cadáver localizado onte baixo unha batea na ría de Vigo é o do empresario de Pontevedra desaparecido en Rande a mediados de maio. O home fora buscado durante días logo de atoparse o seu coche baleiro pero co motor aceso no carril exterior da ponte de Rande na madrugada do día 12.

Noticias web

08/06/2019