CRTVG

Buscar

O Burela xoga con máscaras FFP2 porque o Móstoles non pasa os tests da COVID

Publicado o 31/10/2020 22:56
O Burela xoga con máscaras FFP2 porque o Móstoles non pasa os tests da COVID

O equipo feminino do Burela Pescados Rubén, actual campión da liga española de fútbol sala, decidiu xogar con máscaras FFP2 diante da negativa do seu rival, o Móstoles, a pasar os tests da covid-19.

O partido comezou coas xogadoras do Burela paradas durante un minuto. As do Móstoles déronlles as costas ás xogadoras de Burela. O resultado final foi de empate a tres goles.