CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén, mellor equipo feminino do mundo no 2020

Publicado o 26/01/2021 15:42

Peque e Vane Sotelo estiveron entre as catro mellores xogadoras; Julio Delgado, o segundo mellor adestrador

Nos premios Futsal Awards 2020, o Burela Pescados Rubén foi considerado como o mellor equipo do mundo en categoría feminina. O seu ano foi impecable, co título de Liga, o de Copa e a consecución da Supercopa xa no mes de xaneiro de 2021.

O fútbol sala feminino galego demostrou unha gran saúde recibindo moitos premios. O adestrador de Burela, Julio Delgado, foi considerado o segundo mellor do mundo, e a súa xogadora Peque tamén quedou como segunda clasificada. A galega Vane Sotelo (Alcorcón) tamén estivo nos lugares de honra cun cuarto posto. 

O Poio Pescamar tamén entrou na lista ao recoñeceren á súa porteira Caridad García como a cuarta do mundo. Lembremos que a outra porteira do Poio, Silvia Aguete, fora nomeada como a mellor porteira do mundo en 2019.