CRTVG

Buscar

O Burela está xa nos oitavos de final da Copa do Rei

Publicado o 24/11/2020 22:29

O Burela está xa nos oitavos da final da copa do Rei logo de superar ao Jerubex Santiago Futsal. Os burelaos iniciaron o partido cun gol moi temperán, obra de Diego Quintela, aos 3 minutos de encontro.

Foi o único gol da primeira metade. Despois do descanso, empatou o Santiago Futsal cun contragolpe que culminou Cristian no primeiro minuto do segundo tempo. Non parou aí a reacción santiaguesa. Saúl aproveitou un erro defensivo do Burela e marcou o 2-1 no minuto 23. Só dous minutos despois, e á saída dun saque de curruncho, empatou Álex Diz para o Burela.

A remonta do equipo da Mariña pechouse nos seis últimos minutos do partido con protagonismo para Renato. Marcou o 2-3 cun lanzamento de dobre penalti e o 2-4 final con outro tiro. O Burela está xa na seguinte rolda.

Noticias web

24/11/2020