CRTVG

Buscar

O buque xaponés 'Asuka II' anula a súa escala en Vigo

Publicado o 28/02/2020 19:49

O coronavirus ameaza o tráfico de pasaxeiros nos portos galegos. Xa está  paralizado en Asia e un buque xaponés de luxo, o Asuka II, anulou o seu atraque en Vigo previsto para mediados de maio. O presidente do Porto explicou que co que pasou con outros transatlánticos en países asiáticos a xente ten medo a quedar atrapada neles en corentena. López Veiga confía en que comece a remitir a epidemia e as navieiras se reformulen as anulacións. 73 transatlánticos manteñen de momento a súa escala en Vigo para este ano.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020