CRTVG

Buscar

O "brexit" deixa unha sociedade moi dividida e un período longo de transición

Publicado o 01/02/2020 10:49

Ás doce da noite hora británica materializábase o brexit. O discurso do primeiro ministro británico. Boris Johson chamaba a superar a división social que provocou este proceso e celebrou a nova era que inicia o seu país. Fíxoo nunha mensaxe pregravada. 

Este sábado, un de febreiro, é o primeiro día desa nova era para o Reino Unido xa fóra da Unión Europea tras máis de medio século de integración no club comunitario. Como viamos foi unha noite de celebración para uns, para os euroescépticos que vían cumprido un soño tras moitos aprazamentos, e de loito e víxilias para outros, os que consideran un desastre abandonar o club europeo... O brexit deixa unha sociedade moi divididade.

De momento, na práctica, non cambia nada... Ata o 31 de decembro ábrese un período de transición para negociar -contra o reloxo en 11 meses- un novo marco de relacións, para o tránsito de persoas e os fluxos comerciais. Hai moitas incertezas, como as que nos contaron os galegos que residen aquí. Isto foi o que nos dixeron. 

 

Noticias web

01/02/2020