CRTVG

Buscar

O Breogán pecha a primeira volta co Valencia e o Obradoiro recibe o Unicaja

Publicado o 18/01/2019 17:27
O Breogán pecha a primeira volta co Valencia e o Obradoiro recibe o Unicaja

Xornada ACB. Dous grandes chegan a Lugo e Compostela. O Valencia a Lugo. E o Málaga ao Sar. Moncho Fernández ten a dúbida do alemán Obst. E vixía o mercado.

O Breo pecha a primeira volta recibindo no Pazo o Valencia Basket. Un equipo da zona alta da liga, que encadea 9 vitorias nos seus últimos 10 partidos, e que destaca sobre todo polo seu potencial ofensivo.

Redivo, aínda lesionado, ausente no partido do Palau, podería perder tamén este encontro co Valencia.

O Obra pola súa parte, tamén acaba a primeira volta con outro equipo dos da zona alta, o Unicaja Málaga. Moncho Fernández apela á boa defensa que fixeron no último cuarto en Fuenlabrada e cometer poucos erros para buscar as opcións de vitoria.

No Obradoiro, ademais da baixa do belga De Zeeuw, tamén é seria dúbida o alemán Andy Obst que escordou un nocello mentres adestraba.






 

Noticias web

18/01/2019