CRTVG

Buscar

O bo tempo vaise abrindo camiño en Galicia

Publicado o 17/06/2020 14:15

Ambiente fresco nestes últimos días de primavera, con temperaturas en Galicia que dificilmente superan os 20 graos. As previsións indican que aínda haberá moita nebulosidade e algún ca outro chuvasco, que obriga a andar de novo cos paraugas. Pero o agardado bo tempo comeza a abrirse camiño pouco a pouco.

A primavera vaise despedindo e o anticiclón segue aproximándose, para coincidir coa entrada do verán astronómico, que está prevista para o este sábado ás 23 horas e 44 minutos.





 

Noticias web

17/06/2020