CRTVG

Buscar

O bo tempo animou os paseos marítimos na costa e a reapertura do rastro en Madrid

Publicado o 22/11/2020 20:52


Comer de terraza e gozar dos areais así a 22 de novembro case é noticia ata en Valencia, de onde nos chegan estas imaxes. Pero aínda máis aquí en Galicia, que volve sumar outra xornada solleira. As que vemos agora son escenas desta tarde na praia do Matadoiro, na Coruña.

Sol tamén na reapertura do rastro de Madrid.
"Por fin volve o rastro a Madrid. O oito de marzo foi o último día que puidemos traballar", explica unha vendedora.
"Estou moi contento porque estar afeito a vir todos os domingos pola mañá ao rastro a vender e non poder, foi unha cousa moi mala para nós", subliña un barquilleiro.

Reabriu coa metade dos postos, a capacidade limitada a 2.700 persoas e controis de acceso, vixiados tamén con drons.

"Botabámolo moito en falta. É unha alegría volver telos aquí", di unha veciña do barrio de La Latina.

Con todo, a alegría mesturouse con queixas. "Isto é un engano", berran algúns vendedores.

"Tiña que ser un día de celebración, non de protesta. A improvisación levou a que a xente estea protestando en vez de vendendo", puntualiza unha das manifestantes.

Os vendedores din que o Concello incumpriu o pacto sobre os accesos e o espazo dos postos.

Noticias web

22/11/2020