CRTVG

Buscar

O bo tempo anima os coruñeses a ir á praia, pero con distancia social

Publicado o 18/06/2020 20:48


Comezamos a semana da nova normalidade e só faltaba que chegara o bo tempo. Hoxe, semella que o sol chegou a Galicia para quedar polo menos uns días, o que animou a xente a baixar á praia e a desfrutar do aire libre

 "Pois si, estou intentando aproveirar un pouquiño este sol, aínda que parecía que a temperatura non era boa, ao final acompaña unha boa tarde" "Está facendo mellor clima, xa está entrando o verán e tamén se nos permite en Galicia desfrutar deste espazo" "Si polo menos os que estivemos confinados de verdade esabamos desexando vir ata aquí e respirar o aire do mar".

Todos son conscientes que vai ser un verán e unha temporada de praia atípica, polas medidas de seguridade que hai adoptar para previr posibles contaxios polo coronavirus

 "Podemos estar moi separados, pero podemos, podemos por fin" "Un pouco de vento pero estase ben e xa ves que a praia é moi grande, non hai problema coa xente, está a xente ben separada".

As previsións apuntan a que comezaremos este atípico verán con bo tempo e con temperaturas que irán subindo ao longo da fin de semana.

Noticias web

18/06/2020