CRTVG

Buscar

O BNG vota en contra do decreto dos remanentes dos concellos

Publicado o 10/09/2020 14:37

O deputado do BNG no Congreso votou en contra do decreto para a transferencia dos aforros dos concellos. A líder da formación asegurou nunha entrevista na TVG que traballarán para evitar a confiscación dos cartos dos concellos galegos.

"Nós o que cremos é que eses cartos, que son dos concellos deste país, se teñen que investir en Galicia. Por iso nos parece un erro que o Estado queira confiscar eses recursos. Imos traballar no Congreso para que eses cartos, que son das galegas e dos galegos, se poidan investir no noso país", explicou Ana Pontón.

Noticias web

10/09/2020