CRTVG

Buscar

O BNG reúnese co PSOE para avanzar na axenda galega de cara á investidura

Publicado o 11/12/2019 18:56
O BNG reúnese co PSOE para avanzar na axenda galega de cara á investidura
Unha representación do BNG reuniuse en Madrid co PSOE para negociar "aspectos claves" da chamada axenda galega co obxectivo de avanzar cara a un "posible acordo" de investidura para esta lexislatura.
En concreto, foron o deputado Néstor Rego xunto con Goretti Sanmartín e Rubén Cela, en representación da executiva nacional do Bloque, que de momento mantén as negociacións "abertas á espera dunha nova reunión" para alcanzar "un acordo favorable para a sociedade galega".
Entre os temas trasladados, destacan a transferencia da AP-9 e a baixada das peaxes, ademais das transferencias pendentes para Galicia, o estatuto de empresas electrointensivas ou a creación de máis xulgados de violencia de xénero.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí