CRTVG

Buscar

O BNG recruta a ex-deputada de En Marea Alexandra Fernández

Publicado o 28/02/2020 16:49
O BNG recruta a ex-deputada de En Marea Alexandra Fernández

O Bloque Nacionalista Galego inclúe nas súas filas a ex-deputada de En Marea Alexandra Fernández, que militou en Anova, organización que deixou tras as desavinzas políticas polos pactos electorais con Podemos e Esquerda Unida.   

A Executiva da formación propón que sexa o número 3 por Pontevedra, xusto despois da deputada Montse Prado e do cabeza de lista, Luís Bará, co que quedarían representadas as comarcas de Pontevedra, Arousa e Vigo nos postos de saída do Bloque. 

O BNG avanzou este xoves os cabeza de lista polas catro provincias, postos en que repiten Olalla  Rodil en Lugo, Noa Presas en Ourense, e Luís Bará en Pontevedra.

Os nacionalistas xa anunciaran, tamén, unha importante presenza feminina nas candidaturas e incorporacións relevantes ás listas.