CRTVG

Buscar

O BNG propón que o galego sexa a lingua principal da ensinanza pública

Publicado o 04/12/2020 17:33

O BNG asegura que a nova lei educativa é unha oportunidade perdida e que supón un retroceso de 15 anos. Díxoo a voceira nacionalista tras analizar a LOMLOE co presidente das ANPAS galegas e co sindicato CIG-Ensino.

Ana Pontón dixo que se perdeu a oportunidade de reducir a ratio de alumnos por aula e a renovación dos concertos educativos ou de blindar as escolas rurais. Sobre o galego no ensino, propón que se impulse como lingua principal.

 

Noticias web

04/12/2020